Tuesday 21 de May de 2024

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello


Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración de mencías e godellos.

Máis dun centenar de laracheses participaron no día de onte na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o Concello para persoas maiores de 55 anos de idade, xubiladas ou pensionistas. Formaron parte da expedición o alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Servizos Sociais, Rocío López.

A xornada incluíu visitas guiadas por lugares como os xardíns de Viloira, o malecón xunto ao río Sil e o Santuario das Ermidas, así como á bodega “Roandi” de denominación de orixe Valdeorras, onde coñeceron como é a elaboración dos mencías e godellos e desfrutaron dunha cata de viño.

O Concello levou a cabo esta iniciativa para continuar ofrecendo propostas a eses colectivos que contribúan a facilitar o aproveitamento do tempo de lecer, a potenciar o envellecemento activo e a tecer relacións sociais entre a veciñanza para evitar a exclusión.